xoves, 31 de marzo de 2022

 O alumnado de sexto de educación primaria tivo unha sesión de formación, da man de Atelier Social, sobre o tema Saúde e Benestar, obxectivo 3 de desenvolvemento sostible enmarcado dentro da Exenda 2030.

Esta sesión serviunos para ir preparando a nosa argumentación que levaremos a cabo no vindeiro pleno infantil que se celebre no Concello de Moaña, sobre dita temática.


Por fin realizamos unha saída............Nesta ocasión os privilexiados foron os de terceiro e cuarto de primaria que visitaron o Parque Natural Monte Aloia. Alí fixeron diferentes actividades coma: coñeceron o que era un espazo protexido, no centro de visitantes, mediante xogos, aprenderon curiosidades da fauna e da flora da zona e fixeron unha ruta pola senda botánica. A verdade que o pasaron xenial!




venres, 18 de marzo de 2022

 Ao redor de 300 alumnos dos sete colexios de Moaña viviron unha xornada de convivencia na natureza coa plantación de árbores autóctonas (ao redor de 700 especies autóctonas frondosas como sobreiras, carballos, freixos, faias, bidueiros, loureiros, castiñeiros, cerdeiras, acevos, nogueiras e érbedos) nos montes de Moaña dentro do programa Aprende Moaña. Despois dun ano sen poder realizar a actividade do día da árbore por mor da pandemia, retomouse a celebración deste día co alumnado de segundo de primaria e tamén co alumnado de terceiro debido a que o ano pasado non se puido celebrar o Día da Árbore.

Trátase dunha actividade na que as tres comunidades de montes de Moaña, a de Domaio e, Meira , colaboran na súa realización posibilitando un encontro das crianzas coa natureza e a súa contorna. Este ano a comunidade de montes anfitrioa foi a comunidade de montes de Moaña e o lugar elixido para levala a cabo foi a contorna do miradoiro da Fraga, onde rapaces e rapazas de Moaña se xuntaron para plantar árbores autóctonas e gozar dunha xornada no monte e das actividades organizadas.

Os nenos e nenas foron recibidos pola concelleira de Ensino, Dolores Chapela e  polo presidente da Comunidade de Montes de Moaña, David Faria.

Despois de recuperar forzas coa merenda a rapazada gozou dunha animada actuación musical con Cé Orquestra Pantasma e tamén se contou coa presenza de axentes forestais do distrito que mostraron os seus equipos e fixeron unha demostración coa motobomba.





mércores, 16 de marzo de 2022

" Día da muller "

 Coma cada oito de marzo no centro celebramos un acto conmemorativo co motivo do día da muller, no que alumnado de sexto de primaria (ALBA, SARAI e NICOLÁS. P.) redactou e leu un manifesto. Este acto veu precedido dun traballo de investigación sobre mulleres destacadas polo seu traballo ou polo seu recoñecemento. Este ano as mulleres escollidas foron internacionais, xa que cada clase, escolleu algunha muller importante ou destacada do país que están a traballar.



" O noso entroido internacional "



" Día de Rosalía "

 O 23 de febreiro conmemoramos coma todos os anos o día da nosa querida Rosalía. Este ano o alumnado de primaria traballou a súa vena literaria compoñendo poemas sobre ela e plasmandoos nuns abanicos que logo colocaron no recuncho do centro que lle adicamos a Rosalía.

No caso dos máis cativos, o que fixeron foi colorear un retrato da nosa escritora e logo debaixo escribir unha palabra e así entre todos compoñer o poema de "Adiós ríos , adiós fontes".


luns, 14 de marzo de 2022

" Memoria histórica "

 O alumnado de sexto de educación primaria tivo a sorte de poder visionar no centro o documental "Acorda "  peza audiovisual producida polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra para poñer en valor lugares e feitos de memoria na provincia a través da música. 

Despois deste visionado, invitamos a Monse Fajardo a que viñese ao centro a falarnos do documental xa que ela foi a responsable do asesoramento dos contidos.



" Charla- obradoiro sexualidade "

 O alumnado de sexto de educación primaria realizaron unha charla-obradoiro sobre sexualidade a cargo da asociación Alicce.


" VÍDEOS DO DÍA DA PAZ "

 Aquí vos deixamos os vídeos cos nosos tratados de paz elaborados por cada un dos grupos do noso centro, dende cuarto de infantil ata sexto de educación primaria.


domingo, 13 de febreiro de 2022

" XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NA GUÍA "

 Animádevos a coñecernos


" DÍA DA PAZ "

O pasado luns 31 de xaneiro celebramos o día da paz lendo unha serie de manifestos que elaboramos en cada unha das aulas do noso centro. Aquí vos deixamos os vídeos coa lectura dos diferentes manifestos e unha presentación feita por dúas alumnas de cuarto ALMA E LAIA.



domingo, 30 de xaneiro de 2022

 Aquí vos deixamos a foto da nosa gañadora de logos para a nosa feira do turismo "Golfitur", Ari unha nena de segundo de educación primaria. O seu traballo foi escollido polo alumnado do centro entre todos os presentados. Parabéns Ari!



luns, 20 de decembro de 2021

" Día da discapacidade "

 O día tres de decembro celébrase o día Internacional da discapacidade. Este ano dedicámolo a traballar a discapacidade visual e o sistema alternartivo de comunicación "O BRAILLE ". Visionamos unha curtametraxe da once " Los colores de las flores " e profundizamos sobre o tema e logo unha vez investigado en que consistía o sistema Braille, escribimos mensaxes que os demais nenos/as tiñan que descifrar. 

 

 



mércores, 1 de decembro de 2021

" OS OSIÑ@S INVESTIGAN SOBRE CHINA! "

Os nenos e nenas da aula dos Osiños e Osiñas están investigando … sobre China!

Para recoller información e convertir a súa aula en China decidiron escribir unha carta á embaixada española en China e recibiron un correo dende Pekin cunha carta de resposta!

Dende aquí queremos agradecer ao Embaixador Rafael Defcallar, á Concelleira de Educación Gisela Conde e a todo o equipo da Concellería de Educación na Embaixada  a súa atención, a súa axuda, a súa colaboración no noso proxecto de investigación e que tivesen o fermoso detalle de responder cunha carta dirixida aos Osiños e Osiñas que lles fixo moita ilusión recibir. Mil grazas de Moaña a Pekín!

Aquí vos deixamos un video resumo da investigación sobre China que están facendo os Osiños e Osiñas .

Agardamos que vos guste!

 


 

domingo, 28 de novembro de 2021

" 25 noviembre, día Internacional contra a violencia de xénero "

 Puxemos o noso graniño de area plasmando as nosas mans e construíndo un muro con palabras e mensaxes positivas. Grazas a todas as familias por contribuír cos cartóns de leite!